Territorio de Mississippi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 7 de abril de 1798 | ||||
Disolución | 10 de decembro de 1817 | ||||
Sucedido por | Mississippi e Territorio de Alabama | ||||
O Territorio de Mississippi foi un territorio histórico organizado dos Estados Unidos de América desde o 7 de abril de 1798, e ampliado dúas veces (en 1804 e 1812), estendéndose desde o golfo de México ata a fronteira sur de Tennessee. Xeorxia deixou a parte norte en 1802, e a rexión da costa do Golfo foi adquirida por España. Ao principio o Territorio de Mississippi incluíu o que é na actualidade Alabama, e 9 meses antes Mississippi foi admitida na Unión en 1817, o Territorio de Alabama ao leste separouse o 3 de marzo.[1] O 10 de decembro de 1817, Mississippi foi admitido na Unión como o 20º estado.
Historia
[editar | editar a fonte]O Territorio de Mississippi foi organizado en 1798 coas terras que foran disputadas polos Estados Unidos e España, ata que España cedéseas polo Tratado de Madrid de 1795. Este área estendeuse desde os 31º latitude norte ata os 32°28' N, aproximadamente a metade dos actuais estados de Alabama e Mississippi.
O estado de Xeorxia mantivo unha reclamación sobre case toda a área correspondente aos actuais estados de Alabama e Mississippi (de 31° N a 35° N) ata que desistiu da súa reclamación en 1802. Dous anos máis tarde, o Congreso ampliou os límites do Territorio de Mississippi para incluír toda a cesión de Xeorxia.
En 1812, o Congreso dos Estados Unidos anexionou ao Territorio de Mississippi o Mobile Discrict (unha rexión administrativa do territorio de España na Florida Occidental), afirmando que estaba incluído na Compra de Luisiana, aínda que España discutíao e mantivese a súa reclamación sobre a área. Ao ano seguinte, o xeneral James Wilkinson ocupou este distrito cunha forza militar, o comandante español non ofreceu resistencia.
O 3 de marzo de 1817, o Territorio de Mississippi foi dividido, e a parte occidental converteuse no estado de Mississippi, e a parte leste no Territorio de Alabama[1], coa cidade de St. Stephens, no río Tombigbee, como sede temporal de goberno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Timeline 1811-1820" (events +sources), Algis Ratnikas, Timelines of History, 2007, Páxina web: TL-Miss Arquivado 16 de novembro de 2016 en Wayback Machine..